Dudas, problemas o agonías?

Un rincón para aprender, un rincón para enseñar

Din que chega un momento na vida no que comezas a botar de menos os teus anos de instituto.

Para ben ou para mal, eses anos quedan gravados en nós para sempre. Gusten ou non, móldannos, témplannos, e marcan o camiño cara á persoa que seremos.

Pero quizais, para que iso ocorra, primeiro hai que marchar do instituto.

E eu… aínda sigo nel

O CIFP Fontecarmoa

O CIFP Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa, é moito máis ca un centro de formación profesional: é un lugar onde se mestura o coñecemento coa práctica, as ganas de aprender co espírito de innovar, e onde cada curso é unha nova oportunidade para medrar.

Desde o curso 2023-2024, o departamento de Comercio e Márketing forma parte desta comunidade educativa. Chegamos con ilusión, con ideas novas e co compromiso de formar profesionais preparados para un mundo cambiante, dixital e cada vez máis conectado.

Aquí, no Fontecarmoa, aprendemos facendo, colaborando, creando e tamén equivocándonos, porque sabemos que cada erro é parte do camiño. E sobre todo, facémolo xuntas e xuntos.

Ciclos nos que teño docencia

  • CS Márketing e Publicidade
  • CS Xestión de Ventas e Espazos Comerciais
  • Curso de Especialización en Redacción de Contidos Dixitais


O márketing xa non trata dos produtos que fas, senón das historias que contas

Seth Godin

«All marketers are liars»